A confrarÃa de pescadores “San Martiño” de Bueu
A confrarÃa de pescadores “San Martiño” de Bueu é unha corporación de dereito público, sen ánimo de lucro, que actúa como órgano de consulta e colaboración coa administración na promoción do sector pesqueiro, polo que lle corresponde orientar a tódolos seus membros sobre as accións derivadas da aplicación da normativa relacionada co sector pesqueiro (axudas, subvencións, cursos, programas da administración, normativa social, etc.). Do mesmo xeito representa aos intereses económicos e corporativos dos profesionais do sector.
Como entidade está afiliada á Federación provincial e nacional de ConfrarÃas de Pescadores. Ten representación no pleno do Consello Galego de Pesca na comisión de artes menores.
O seu ámbito territorial abarca dende Punta Lapamán ata Punta Morcegos.
Os principais caladoiros de pesca sitúanse no entorno das Illas Atlánticas.
A confrarÃa de Bueu ten unha masa social de 250 afiliados, dos cales 119 son armadores.