Proxecto: VARAMAR

Importe Axuda: 47.695,37 €

Obxectivo: Contribuír á mellora de servizos para a cohesión social e territorial e o benestar de diferentes colectivos vinculados a actividades no mar.

Financiadores: Proxecto aprobado mediante a convocatoria do ano 2016 dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e financiado por:

Servizo: O proxecto permite a diferentes colectivos vinculados á pesca, acuicultura e a actividades deportivas poder contar con instalacións con servizos de electricidade e auga no varadoiro do porto de Bueu, o que se traduce nunha menor dependencia de horarios no uso do varadoiro e unha maior conciliación entre as actividades e a vida privada. O proxecto incide en todo o territorio GALP da Ría de Pontevedra e incluso en calquera embarcación que poida necesitar dos servizos sinalados, favorecendo a cohesión territorial de Bueu. O proxecto permite atender as necesidades do turismo náutico en xeral ofertando un servizo que mellora a realización das actividades náuticas e as conectan coa pesca.

Información ao usuario: Diptico explicativo


PROXECTO Caracterización de descartes na pesca artesanal da Ría de Pontevedra

Proxecto: DESCARPESC

Importe Axuda: 49.248.24 €

Obxectivo: Estudo dos descartes xerados nas actividades de pesca da frota artesanal do porto de Bueu.

Actuación: O proxecto Caracterización de descartes na pesca artesanal da Ría de Pontevedra (DescarPesc) vai consistir no estudio dos descartes pesqueiros producidos pola frota artesanal na ría de Pontevedra, que realiza as súas actividades de pesca en augas costeiras de Galicia e ten como finalidade valorar repercusión ecolóxica e socioeconómica que o obxectivo de cero descarte recollido na Política Pesqueira Común ten neste sector.

A nova Política Pesqueira Común entrou en vigor no ano 2014 velando pola sustentabilidade a longo prazo das actividades da pesca e a acuicultura dende os puntos de vista medioambiental, económico e social. Neste novo contexto o estudio dos descartes pesqueiros convértese nun tema de especial relevancia, xa que nesta nova regulamentación introdúcese a prohibición gradual de descarte e a obrigatoriedade de desembarque das especies capturadas e reguladas.

O estudios levarase a cabo nas augas onde se desenrolen as actividades de pesca dos buques artesanais. As singularidades desta pesca artesanal radican en que está exercida por embarcacións de menos de 12 metros de eslora e que traballan na proximidade da costa (dentro das 10 millas), o que lles permite abastecer diariamente  os mercados locais de peixes e mariscos, xa que son comercializados en menos de 24 horas dende a captura.

O proxecto estudiará o caso concreto da ría de Pontevedra, no que a pesca artesanal adquire unha gran relevancia xa que supón un dos principais motores da economía de das poboacións costeiras. A contribución da pesca a pequena escala sobre o comarca non é so económica senón que tamén contribúe a creación de cultura, a dinamización da zona, xa que favorece outras actividades como o turismo, e  a fixación da poboación.

Financiadores: Proxecto aprobado mediante a convocatoria do ano 2016 dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e financiado por


PROXECTO: Automatización do proceso de subasta de produtos pesqueiros

Proxecto: CINTAPESC

Importe Axuda: 95.135,00 €

Obxectivo: Automatización do proceso de subasta de produtos pesqueiros NA Lonxa de Bueu e integración con plataformas de comercialización en internet.

Actuación: Automatización do proceso de subasta de produtos pesqueiros NA Lonxa de Bueu e integración con plataformas de comercialización en internet.

Financiadores: Proxecto aprobado mediante a convocatoria do ano 2016 dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro e financiado por: